Desvíos nas liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 por corte total ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri (a partir do inicio dos servizos do luns 31/7/2023)

Novas de Tussa
Con motivo das obras que se están levando a cabo na avda. Rodríguez de Viguri, cortarase ao tráfico o treito da avenida comprendido entre as rotondas coa rúa Monte dos Postes e coa avda. do Camiño Francés, afectando tamén á saída desde a pza. Camilo Díaz Baliño cara esta avenida. As liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 realizarán os seguintes desvíos, desde o inicio de servizos do día 31 de xullo:

*Sentido de subida (cara rotonda con Camiño Francés):
LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido centro cidade. Desde a rúa Valiño e CEIP Monte dos Postes, desviaranse cara a rotonda coa avda. Camiño Francés (acceso centro comercial), continuando por esta avenida e enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri antes da pza. de España.
Quedarán suprimidas as paradas: (695) Monte dos Postes nº 8; (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16.

*Sentido de baixada (cara rotonda con Monte dos Postes):
1.LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido San Marcos e AEROPORTO (6, 6A) – Bando e Vilamaior (P5). Ao non ter saída desde a pza. de Camilo Díaz Baliño, desviaranse desde a rúa Pastoriza por pza. da Paz, San Caetano, avda. Rodríguez de Viguri, avda. Camiño Francés, Monte dos Postes (treito CEIP) e Valiño.
Quedarán suprimidas as paradas: (47) Anxo Casal, sent. Praza; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación; (696) Monte dos Postes nº 47.
Parada alternativa: (551) San Caetano (igrexa)

2.LIÑAS 9 e C6 – sentido Cidade da Cultura (L9) – Pol. Costa Vella (C6). Ao non ter saída desde a pza. de Camilo Díaz Baliño, desviaranse desde a rúa Pastoriza por pza. da Paz, San Caetano, avda. Rodríguez de Viguri, avda. Camiño Francés, rúa Monte dos Postes, enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri na rotonda onde está o parque de Bombeiros.
Quedarán suprimidas as paradas: (47) Anxo Casal, sent. Camilo D. Baliño; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación.
Parada alternativa: parada temporal na rúa Monte dos Postes, antes de chegar á rotonda con Rodríguez de Viguri.

*Desvío na liña C4:
Non afecta a ningunha parada. Desviarase desde o Camiño Francés continuando cara pza. de España, San Caetano, Anxo Casal ata a pza. Camilo Díaz Baliño, desde onde iniciará de novo o percorrido.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220