Desvíos nas liñas por corte ao tráfico na pza. de Galicia (domingo 6/8/2023 de 7:30 a 15:00)

Novas de Tussa
Con motivo dunha ocupación de vía á altura da pza. de Galicia nº 2 (fronte ao acceso de vehículos do aparcadoiro), as liñas 5, 6A, 7 e P3 circulando cara o sur terán que desviarse o domingo 6 de agosto entre as 7:30 e as 15:00

*Liña 5 sentido Rocha: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo e avda. de Vilagarcía.

Quedarán suprimidas as paradas (410) pza. Galicia nº 3, (433) Rep. do Salvador e (263) Frei Rosendo Salvado.

*Liñas 6A sentido Os Tilos e P3 sentido Susana: desde Fonte de Santo Antonio desviaranse por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, República Arxentina e rúa da Rosa.

Quedará suprimida para estas liñas a parada (410) pza. Galicia nº 3.

*Liña 7 sentido Aríns: desde Fonte de Santo Antonio desviarase por Senra, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, pza. Vigo, Romero Donallo e rúa do Hórreo.

Quedará suprimida para esta liña a parada (410) pza. Galicia nº 3.

Todas as liñas desviadas realizarán nese horario como alternativa a parada (599) situada na rúa da Senra nº 14 (sentido sur).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220