Actualidade

30-08-2010
Coa recente reapertura da rúa República do Salvador (treito Doutor Teixeiro - Xeneral Pardiñas), a liña 5 en dirección Rocha recupera o seu itinerario habitual, voltando a realizar a parada da rúa República do Salvador.
25-08-2010
Consulten os servizos especiais para asistir aos concertos no Monte do Gozo e no Multiusos Fontes do Sar o vindeiro venres 27 de agosto.
20-08-2010
INFORMACIÓN RELATIVA AO CORTE DA RÚA DA PONTE VELLA QUE SE VAI PRODUCIR O LUNS 23 DE AGOSTO, E DURANTE O PRAZO QUE DUREN AS OBRAS
27-07-2010
Consulten os servizos de transporte para asistir ao concerto de Mark Knopfler o vindeiro mércores 28 de xullo de 2010 no multiusos Fontes do Sar.
23-07-2010
O novo estacionamento comezou a funcionar o sábado 24 de xullo, e tanto este como o de Santa Marta estiveron abertos durante esa noite para facilitar o acceso á cidade de visitantes e veciños.O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha xuntanza extraordinaria do Consello de Administración de TUSSA, na que se acordou o modelo de xestión do aparcadoiro de Salgueiriños. Este asunto fora tratado previamente nunha Xunta de Goberno extraordinaria.
15-07-2010
Debido á ampliación que se está realizando do servizo, coa instalación de tres estacións novas (na praza de Vigo, Rodrigo de Padrón e a avenida Xoán XXIII) e ás melloras técnicas que se están realizando nas estacións existentes, o servizo COMBICI suspéndese dende o día de hoxe, reanudándose con normalidade o próximo martes 20 de xullo.
09-07-2010
No día de hoxe inaugurouse o aparcadoiro de borde de Santa Marta. A superficie está situada entre as rúas Feliciano Barrera Fernández, rúa de Julia Minguillón e rúa As Trece Rosas e a tarifa é de 1,50 € por acceso.
06-07-2010
A partir do vindeiro mércores 7 de xullo, a liña 8 do transporte urbano realizará unha nova parada no Camiño da Ameixaga, á altura do número 8 da rúa. Dita parada terá carácter temporal e realizarase mentres duren as obras de reurbanización da Calzada de San Pedro.
28-06-2010
Como cada ano, o 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no transporte urbano. Poden consultar os horarios no caderniño que se achega.
25-06-2010
Modificacións temporais nos percorridos das liñas 4, C2 e P7
18-06-2010
As ponencias presentadas polos participantes das IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, celebradas en Santiago de Compostela os pasados días 10 e 11 de xuño, Pódense descargar dende esta nova. Atoparédelas, en formato pdf, ordeadas segundo as mesas redondas celebradas nas xornadas, e comprimidas en arquivos.
14-06-2010
Debido ao remate das obras na rúa de Amio, desde o luns 14 de xuño as liñas C5 e C6 do transporte urbano realizarán novamente o seu percorrido habitual, chegando ata o polígono de Costa Vella.
ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220