CORTE DE TRÁFICO NA RÚA SALVADAS

Novas de Tussa
Modificacións temporais nos percorridos das liñas 4, C2 e P7

Por mor das obras que se están a realizar na zona da rúa Galeras e Salvadas, a partir do vindeiro luns 28 de xuño e por un prazo aproximado dunhas tres semanas, os percorridos das liñas 4, C2 e P7 do transporte urbano modificaranse desde Santa Isabel en dirección saída da cidade.

Os seus percorridos quedan do seguinte xeito: RÚA DE GALERAS - CAMPO DE SANTA ISABEL - RÚA DE MORÓN - RÚA DOS PELAMIOS para continuar o seu itinerario habitual pola RÚA DE VISTA ALEGRE.

As paradas en dirección saída da cidade da rúa Salvadas quedarán suprimidas, realizando as liñas unha parada alternativa antes de iniciarse o desvío na confluencia das rúas de Salvadas e Morón.

Pregámoslles disculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220