HORARIOS DE VERÁN 2010

Novas de Tussa
Como cada ano, o 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no transporte urbano. Poden consultar os horarios no caderniño que se achega.

É de destacar nestes horarios un lixeiro incremento nos servizos e expedicións con respecto aos da pasada temporada de verán.

Hai que salientar o reforzo da liña 6, liña que transporta o maior número de viaxeiros nos meses de verán, e que xunto coa liña 7, son as que prestan servizo ao complexo do Monte do Gozo. Este incremento consiste na incorporación dun novo autobús de reforzo nas horas punta, e na práctica totalidade do día (11.00 - 21.00).

Por outra banda, reestrutúranse os horarios das liñas urbano - periféricas de Figueiras (P1) e Ortoño (P2), na procura de adecuar os seus tempos de expedición á lonxitude de ámbalas dúas liñas.

PODEN CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN NO DOCUMENTO QUE SE ACHEGA. Ademais editaranse folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios a partir desta mesma semana nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA, na estación de autobuses, na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións. Así mesmo, lembramos que a empresa operadora Tralusa ten á súa disposición o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lle poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220