INAUGURACIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA

Novas de Tussa
No día de hoxe inaugurouse o aparcadoiro de borde de Santa Marta. A superficie está situada entre as rúas Feliciano Barrera Fernández, rúa de Julia Minguillón e rúa As Trece Rosas e a tarifa é de 1,50 € por acceso.

Con este aparcadoiro de borde búscase posibilitar o estacionamento dos turismos que acceden habitualmente ao centro dende a autoestrada e dende as estradas N-550 e AC-543, facilitando o acceso dos usuarios á cidade, ben a pé, ou utilizando as liñas de transporte urbano. 

Esta situación, na entrada sur da cidade, un dos puntos de maior circulación, reverterá sen dúbida nun descenso da entrada vehículos e polo tanto nunha mellora da circulación no centro urbano. 

AS LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO COAS QUE SE PODEN SERVIR PARA ACCEDER AO CENTRO dende o aparcadoiro son as seguintes: 

LIÑAS 1 e 2: con parada na avenida da Liberdade

CIRCULARES C2 e C4: con parada na rúa Feliciano Barrera Fernández 

DATOS DA OBRA: 

A obra realizouna a empresa Construcciones en Piedra Sigrás, SL por un importe de adxudicación de 153.001,47 €, máis o IVE.

Conta con 340 prazas, 7 delas para minusválidos, distribuídas nunha superficie de aproximadamente 9.000 m2. 

O HORARIO DE FUNCIONAMENTO é o seguinte: 

De luns a venres laborables, entre as 7.30 e as 22.30 horas

Sábados laborables, entre as 7.30 e as 14.30 horas 

Unha vez posta en marcha a superficie estudaranse posibles modificacións nos horarios para adaptalos ás necesidades dos usuarios. 

POLO QUE RESPECTA ÁS TARIFAS, trátase dun aparcadoiro de borde, polo que se abonará á entrada e o usuario poderá estar estacionado todo o día. A tarifa é de 1,50 € por acceso.   

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220