DE INTERESE SOBRE APARCADOIROS

APERTURA AO PÚBLICO DO ESTACIONAMENTO DE SALGUEIRIÑOS

Este novo recinto pechado ten capacidade para 72 autobuses e 239 turismos (12 das prazas son para discapacitados). É unha superficie pensada, por un lado, para facilitar o estacionamento regrado e vixiado de autobuses e outros vehículos pesados -evitando así a súa entrada na cidade- e, polo outro, para que os turistas e demais potenciais usuarios teñan a opción de non entrar co seu vehículo no casco histórico e centro da cidade, estacionando nesta superficie e accedendo ao centro a pé ou en transporte urbano.

INAUGURACIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA

Con este aparcadoiro de borde búscase posibilitar o estacionamento dos turismos que acceden habitualmente ao centro dende a autoestrada e dende as estradas N-550 e AC-543, facilitando o acceso dos usuarios á cidade, ben a pé, ou utilizando as liñas de transporte urbano. 

Esta situación, na entrada sur da cidade, un dos puntos de maior circulación, reverterá sen dúbida nun descenso da entrada vehículos e polo tanto nunha mellora da circulación no centro urbano. 

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220