APERTURA AO PÚBLICO DO ESTACIONAMENTO DE SALGUEIRIÑOS

Novas de Tussa
O novo estacionamento comezou a funcionar o sábado 24 de xullo, e tanto este como o de Santa Marta estiveron abertos durante esa noite para facilitar o acceso á cidade de visitantes e veciños.O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha xuntanza extraordinaria do Consello de Administración de TUSSA, na que se acordou o modelo de xestión do aparcadoiro de Salgueiriños. Este asunto fora tratado previamente nunha Xunta de Goberno extraordinaria.

Este novo recinto pechado ten capacidade para 72 autobuses e 239 turismos (12 das prazas son para discapacitados). É unha superficie pensada, por un lado, para facilitar o estacionamento regrado e vixiado de autobuses e outros vehículos pesados -evitando así a súa entrada na cidade- e, polo outro, para que os turistas e demais potenciais usuarios teñan a opción de non entrar co seu vehículo no casco histórico e centro da cidade, estacionando nesta superficie e accedendo ao centro a pé ou en transporte urbano. Isto suporá unha mellora na circulación dos accesos da zona norte e, polo tanto, no centro da  cidade. 

As tarifas aboaranse á entrada, serán diarias e non estarán relacionadas co tempo de estacionamento, polo que a saída será libre. O horario será de luns a domingo, incluídos os festivos, de 8:00 a 20:00 horas.  

As tarifas, por día, serán as seguintes:

- Turismos                                                                      1,50 €

- Autocaravanas                                                               3,00 €

- Autobuses, microbuses e camións                                   5,00 €

- Tarifa reducida para autobuses que veñan da dársena       2,00 €   

O prezo para os turismos é o mesmo que se fixou para o estacionamento de borde de Santa Marta. No caso das autocaravanas, a tarifa só dá dereito ao aparcamento dentro do horario da superficie, sen ningún outro tipo de servizo.  

Para os autobuses que queiran estacionar logo de descargar os viaxeiros na dársena de Xoán XXIII estableceuse unha tarifa reducida de 2 euros, aplicable coa presentación do recibo da dársena. O resto de autobuses, así como camións e microbuses, deberá abonar 5 euros por acceso. 

As tarifas por exceso de tempo serán, por día ou fracción, de 6 euros (turismos), 12 euros (autocaravanas) e 20 euros (autobuses, microbuses e camións). 

Apertura excepcional na noite do 24 

O 24 de xullo, os aparcadoiros de borde de Salgueiriños e Santa Marta permanecerán abertos toda a noite, para facilitar o estacionamento a todos aqueles veciños ou visitantes que queiran disfrutar das Festas do Apóstolo.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220