DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de verán 2015 no transporte urbano

O vindeiro 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano.

Este ano auméntanse os servizos con respecto ao pasado verán, mantendo e adaptando as prolongacións da liña 1 á rúa de Manuel María e apostando por unha mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), liña 6 nas súas expedicións a Vilamaior e na liña P1 (Figueiras).

Cambio de ubicación da parada 87 na liña C4 (avenida de Lugo, estación de ferrocarril)

Informamos que a parada número 87, correspondente á liña C4 e situada no inicio da avda. de Lugo (próxima á estación de ferrocarril) cambiará de emprazamento no entorno, cara a rúa de Antonio Casares, na zona de confluencia coa rúa do Hórreo.

Coordenadas: 42.8720764,-8.5449775

Dito cambio será efectivo o vindeiro luns 29 de xuño.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

Desvíos en varias liñas por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (sábado 27/6/2015)

Cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día.

*Desvío dirección norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6 e C11 serán desviadas pola rúa das Rodas, San Roque, Coimbra, Xoán XXIII, praza da Paz, Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros. A maiores deste desvío, a liña 13 continuará pola avda. de Lugo e rúa da Ameixaga para acceder a Quiroga Palacios.

Desvíos en varias liñas por corte de tráfico na rúa de San Pedro (martes 23/6/2015)

Cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro desde as 18:00 ata a finalización dos servizos.

*Desvío dirección norte:

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 serán desviadas pola rúa das Rodas, San Roque, Coimbra, Xoán XXIII, praza da Paz, Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros. A maiores deste desvío, a liña 13 continuará pola avda. de Lugo e rúa da Ameixaga para acceder a Quiroga Palacios.

Paradas suprimidas:

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, verán de 2015)

O acceso á Cidade da Cultura realízase a través da liña 9. No enlace adxunto poden consultar os seus horarios e itinerario.

Para a volta tras a finalización dos actos, prolongarase un servizo da liña C11 á Cidade da Cultura, que irá en sentido Fontiñas e C. C. As Cancelas, e desde alí cara o centro da cidade.

O seu horario de paso pola CDC será o seguinte:

Desvíos nas liñas de transporte urbano con motivo da carreira SANTYAGO10K (sábado 9/5/2015 desde as 21:30)

Todas as liñas do transporte urbano que circulan o sábado pola tarde veranse afectadas, con desvíos a partir das 21:30.

No arquivo adxunto poden consultar os itinerarios de desvío por liña e por sentido, así como as paradas suprimidas e alternativas en cada caso.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220