O vindeiro 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano.
Este ano auméntanse os servizos con respecto ao pasado verán, mantendo e adaptando as prolongacións da liña 1 á rúa de Manuel María e apostando por unha mellora nas frecuencias no rural co aumento de servizos na liña P3 (Santa Lucía), liña 6 nas súas expedicións a Vilamaior e na liña P1 (Figueiras).
A partir do vindeiro luns poderán coñecer toda a información na nosa páxina web www.tussa.org. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición d@s usuari@s nos propios autobuses.