DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvíos en varias liñas por cortes de tráfico en Salgueiriños, rúa de San Pedro e Concheiros (venres 1 e sábado 2 de maio de 2015)

*Venres 1 de maio: liña 1.

Cortarase ao tráfico o carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña, en dirección centro cidade. Os autobuses da liña 1 realizarán o seu percorrido habitual ata o momento do corte, no que quedarán suprimidas as paradas:

-073 Avda. Cruceiro da Coruña 4 (Meixonfrío).

-544 Salgueiriños (aparcadoiro).

*Sábado 2 de maio: liñas 6, 9, 13, C5, C6 e C11.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico no campus Sur (domingo 26/4/2015)

*Liña 8, sentido Vidán - Camiño dos Vilares / tanatorio de Boisaca, desviaranse os servizos con saída de Vidán ás 10:30, 11:30 e 12:30:

Itinerario habitual por avda. Mestra Victoria Míguez, para desviarse por avda. Mestre Mateo e retomando o seu itinerario en Rosalía de Castro.

Paradas suprimidas no horario do corte:

*156 Campo de San Domingos (cruce Mestre Mateo).

*158 Campo de San Domingos (cruce rúa Bidueiro).

*568 San Lourenzo (estrada).

*563 San Lourenzo (cruce campus).

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Ponte Vella de Vidán (desde o venres 24/4/2015)

Corte total ao tráfico da estrada na Ponte Vella de Vidán, afectando á liña P2 (estación de autobuses - Ortoño).

Esta liña desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán, irá pola AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla e retomará o seu itinerario en Laraño.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478) e Amañecida (paradas 38 e 39).

Desvío nas liñas 6 e P3 por corte de tráfico na rúa da Rosa (domingo 29/3/2015)

Desde a rúa Doutor Teixeiro, desviaranse por República Arxentina e rúa do Hórreo.

Quedarán suprimidas no horario de corte as paradas 479, rúa da Rosa e 591, rúa Santiago León de Caracas.

Realizarán unha parada alternativa na rúa do Hórreo, confluencia con Santiago León de Caracas (parada 694).

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

Desvíos nas liñas do transporte urbano por cortes de tráfico en rúas do ensanche (xoves 5 e venres 6 de marzo)

Xoves 5 de marzo: corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas (afecta ás liñas 5, 13, 15, C11 e P6).

Ao longo de todo o día (desde o inicio de servizos e ata que realicen a reapertura da rúa), quedarán suprimidas as dúas paradas da rúa Xeneral Pardiñas (673 e 674) para todas as liñas afectadas. As paradas alternativas máis próximas son:

-Rúa República Arxentina nº 26 (parada 431), para as liñas 5, 15 e P6.

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte ao tráfico na rúa da Estrada

*Liña C5:
Itinerario habitual por Restollal, rotonda de Castiñeiriño e Castiñeiriño nº 1, para desviarse por Paxonal e rúa Manuel Vázquez Cacharrón, retomando o seu itinerario na rúa Santasmariñas.

Paradas suprimidas liña C5: rúa da Estrada nº 74 e rúa da Estrada nº 28.
Paradas alternativas liña C5: Paxonal nº 63 e Paxonal nº 29-31.

*Liña C6:
Itinerario habitual por Picaños e Santasmariñas, para desviarse por rúa Manuel Vázquez Cacharrón e retomando o seu itinerario na rotonda inferior da vía de servizo do Paxonal.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220