DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo nas liñas 1, 6 e C11 os días 24 e 25 de xullo

*Liña C11: contará cun autobús de reforzo nos seguintes horarios:

-Entre as 10:00 e as 15:35, cunha frecuencia de 15-20 minutos.

-Entre as 17:20 e as 23:00, cunha frecuencia de 20 minutos ao longo de toda a tarde. As derradeiras saídas da liña serán ás 22:00, 22:20, 22:30, 22:50 e 23:00.

Todas as saídas da liña do centro comercial As Cancelas entre as 17:20 e as 20:40 terán prolongación ao multiusos tras o seu paso polo centro da cidade, con motivo do concerto no multiusos Fontes do Sar.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 1 e sábado 2/7) e reforzo na liña C11 (domingo 3/7)

O venres 1 de xullo, durante 30 minutos entre as 19:00 e as 21:00 e de xeito continuado a partir das 22:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.

O sábado 2 de xullo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e tamén ás liñas 9, 13 e C5 en dirección Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío dirección norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Restricións por corte de tráfico nas rúas de Vista Alegre e Avío (martes 8 e mércores 9 de marzo de 2016)

En función das necesidades dos traballos de reasfaltado das vías, os autobuses destas dúas liñas realizarán desvíos por avda. de Castelao, Bispo Diego Peláez e Gumersindo Busto Villanueva, nos dous sentidos de circulación.

Deste xeito, veranse afectadas as seguintes paradas:

*En dirección saída da cidade: parada 663 (Vista Alegre nº 110) e parada 518 (rúa do Avío nº 20). Nos momentos en que os autobuses non podan acceder ás mesmas, serán paradas alternativas a anterior e posterior respectivamente: parada 665 (Vista Alegre nº 76) e parada 483 (rúa da Torreira nº 2).

Desvío nas liñas 1, 4, P4 e P6 na zona de Salgueiriños (luns 15 e martes 16 de febreiro de 2016)

O corte terá lugar o luns 15 pola mañá e a reapertura ao tráfico está prevista para a tarde do martes 16.

No momento do corte, as liñas 1, 4 (só prolongacións a Mallou), P4 e P6 do transporte urbano non poderán acceder ao mencionado carril, polo que as seguintes paradas quedarán anuladas durante o mesmo (todas en dirección centro cidade):

*Parada 73, avda. Cruceiro da Coruña 4 (Meixonfrío), situada antes do cruce coa rúa do Tambre.

Servizos de reforzo na liña 9 (varios días entre 28/1 e 13/2)

*Horarios de luns a venres laborables (os días xoves 28/1, venres 29/1, mércores 3/2, xoves 4/2, venres 5/2, xoves 11/2 e venres 12/2):

Saídas de Casas Novas a CDC:

De 7:30 a 14:30 (cada 60 min.)

De 15:00 a 22:30 (cada 30 min.)

Saídas de CDC a Casas Novas:

De 8:00 a 15:00 (cada 60 min.)

De 15:00 a 23:00 (cada 30 min.)

*Horarios os sábados laborables (días 30/1, 6/2 e 13/2):

Saídas de Casas Novas a CDC:

De 8:30 a 13:30 (cada 60 min.)

De 15:00 a 22:30 (cada 30 min.)

Desvío na liña 13 por corte de tráfico na rúa de Belvís (sábado 13/2/2016)

O sábado 13 de febreiro, no traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, a liña 13 realizará o seguinte desvío:

-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros, Avda. de Lugo, rúa da Ameixaga e retomando o itinerario en Quiroga Palacios, desde o Seminario Menor.

Paradas suprimidas e alternativas:

(139) Calzada de S. Pedro, Don Bosco     (alternativa en parada (511) rúa de San Pedro nº 58)

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220