Desvío nas liñas 1, 4, P4 e P6 na zona de Salgueiriños (luns 15 e martes 16 de febreiro de 2016)

Novas de Tussa
Debido a un corte de tráfico que terá lugar no carril de servizo da avda. do Cruceiro da Coruña en dirección centro cidade, as liñas 1, 4 (prolongacións a Mallou), P4 e P6 realizarán o seguinte percorrido:

O corte terá lugar o luns 15 pola mañá e a reapertura ao tráfico está prevista para a tarde do martes 16.

No momento do corte, as liñas 1, 4 (só prolongacións a Mallou), P4 e P6 do transporte urbano non poderán acceder ao mencionado carril, polo que as seguintes paradas quedarán anuladas durante o mesmo (todas en dirección centro cidade):

*Parada 73, avda. Cruceiro da Coruña 4 (Meixonfrío), situada antes do cruce coa rúa do Tambre.

Parada 72 (alternativa para liñas 1 e P4): avda. Cruceiro da Coruña 3, EGASA; Parada 302 (alternativa para liña 4 en prolongacións): rúa de Mallou.

*Parada 650, Manuel María nº 20 (só liña 1 en prolongacións).

Parada 552 (alternativa para liña 1): San Caetano parque.

*Parada 544, Salgueiriños (aparcadoiro).

Parada 552 (alternativa para todas as liñas): San Caetano parque.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220