O venres 1 de xullo, durante 30 minutos entre as 19:00 e as 21:00 e de xeito continuado a partir das 22:00, cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro, corte que lle afectará á liña C11.
O sábado 2 de xullo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e tamén ás liñas 9, 13 e C5 en dirección Concheiros – Angustia – Bonaval.
*Desvío dirección norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):
Nos momentos de corte de San Pedro, a liña C11 será desviada pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.
Paradas suprimidas:
-397 Porta do Camiño.
-511 Rúa de San Pedro nº 58.
-219 Cruceiro de San Pedro.
-197 Concheiros nº 64.
*Desvío dirección sur (desde Fontiñas e avda. de Lugo a Concheiros – Bonaval - San Roque):
O sábado día 2, no momento do corte da rúa Concheiros, as liñas 9, 13 e C5 serán desviadas pola avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza e rúa San Roque, continuando cós seus itinerarios habituais.
Paradas suprimidas:
-196 Concheiros nº 39 (parada alternativa máis próxima para liñas 9 e C5: rúa Berlín; para liña 13: Avda. de Lugo, xulgados).
-220 Cruceiro de San Pedro.
-154 Campo da Angustia.
-557 San Domingos de Bonaval (parada alternativa máis próxima: praza de Abastos).
-639 Valle Inclán (La Salle) (parada alternativa máis próxima: rúa de San Roque).
Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas polas distintas liñas.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.
Por outra banda, o domingo 3 de xullo o servizo de transporte urbano verase reforzado na liña C11 no seguinte horario: reforzo en horario de mañá, con pasos cada 15-20 minutos entre as 10:00 e as 15:30. As restantes liñas do transporte urbano terán o horario habitual de domingo.