DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío de tráfico na rúa Diego Bernal á altura do multiusos de Sar (3 e 4 de xuño de 2016)

A partir do momento de corte na xornada do venres 3 de xuño e ata o sábado 4 de xuño ás 22:00, as liñas realizarán un desvío pola parte traseira rodeando o multiusos, polo que a parada principal do multiusos quedará anulada cando se corte o tráfico.

As liñas afectadas (liñas 9, C5, C6 e C11, esta última nas súas prolongacións do sábado pola tarde), realizarán unha parada alternativa nas inmediacións dos puntos de corte de tráfico.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

Desvío na liña 7 por corte de tráfico en Ponte de Sar (sábado 14 e domingo 15 de maio de 2016)

*Dirección Aríns: rúa Castrón D’Ouro – rúa Curros Enríquez – rúa Bernardo Barreiro – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar.

Paradas suprimidas:

Parada 516, Rúa de Sar de Afora nº 90.

Parada 194, Colexiata de Sar.

Parada 387, Ponte de Sar nº 22.

Desvíos en varias liñas por cortes de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (sábado 30/4/2016)

Cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros con motivo da festa da Primavera, desde as 8:00 e ao longo de todo o día.

*Desvío dirección norte:

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6 e C11 serán desviadas pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, praza da Paz, avda. Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño (parada alternativa no lugar de corte, no inicio da rúa de S. Pedro).

Modificacións temporais por traballos de reasfaltado no acceso á parada da estación de autobuses (mércores 16 e xoves 17 de marzo)

Na medida do posible, os autobuses das distintas liñas afectadas realizarán as paradas do seu percorrido na zona, sen perxuizo do uso das paradas alternativas que se indican de seguido nos momentos en que o tráfico de acceso á rotonda estea pechado.

As paradas afectadas son a propia da estación de autobuses e as dúas situadas na rúa Anxo Casal.

As paradas alternativas para cada unha das liñas nos momentos de corte son as seguintes:

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (de luns 28/3 a luns 4/4 de 2016)

*Liñas 6, 9, C6, C11 e P4: Desde Porta do Camiño por San Roque, Pastoriza e Rodríguez de Viguri.

*Liña 13: Desde Porta do Camiño por San Roque, Pastoriza, Rodríguez de Viguri, Avda. de Lugo e rúa da Ameixaga.

Quedarán suprimidas todas as paradas das rúas de San Pedro e Concheiros (en dirección norte) para estas liñas. A maiores para a liña 13, suprimiranse as paradas da Calzada de San Pedro (Don Bosco) e da rúa de Belvís (convento de Belvís).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220