Con motivo da celebración do día Autonómico do Minibásquet, a parada de transporte urbano do multiusos Fontes de Sar quedará anulada (liñas 9, C5, C6 e C11):
A partir do momento de corte na xornada do venres 3 de xuño e ata o sábado 4 de xuño ás 22:00, as liñas realizarán un desvío pola parte traseira rodeando o multiusos, polo que a parada principal do multiusos quedará anulada cando se corte o tráfico.
As liñas afectadas (liñas 9, C5, C6 e C11, esta última nas súas prolongacións do sábado pola tarde), realizarán unha parada alternativa nas inmediacións dos puntos de corte de tráfico.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.