DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 15 por corte de tráfico na avda. de Coimbra (desde o luns 24/10/2016)

-Sentido Campus Sur – Campus Norte: itinerario habitual.

-Sentido Campus Norte – Campus Sur: despois do Burgo das Nacións, desvío por avda. Xoán XXIII, pza. da Paz, Pastoriza, Basquiños e itinerario habitual por Santa Clara.

Queda suprimida neste sentido de circulación a parada 82, Avda. de Coimbra nº 9, sendo as alternativas: parada 576 en Santa Clara; parada eventual en Xoán XXIII, no cruce con avda. de Coimbra.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

Desvíos nas liñas por corte na Rúa Virxe da Cerca (de 7:00 a 15:00 do domingo 18/9/2016)

*Dirección Sur: desde a zona de San Caetano e estación de autobuses, irán pola avda. de Lugo, Hórreo desde onde continuarán cós seus itinerarios habituais.

Este desvío afecta ás liñas 1, 4, 5, 6, 8, P1 e P2.

Quedarán suprimidas todas as paradas de Rúa Pastoriza, Santa Clara, San Roque, Virxe da Cerca e Fonte de San Antonio.

*Dirección Norte: desde Hórreo e Senra, irán por Pza. de Galicia, Doutor Teixeiro, avda. de Lugo ata San Caetano - estación de autobuses.

Este desvío afecta tamén ás liñas 1, 4, 5, 6, 8, P1 e P2.

Desvíos por corte de tráfico no cruce entre as rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos (de 15:30 a 18:30, martes 4/4/2017)

Para todas as liñas, quedan suprimidas as seguintes paradas:

-673 Xeneral Pardiñas nº 35

-674 Xeneral Pardiñas nº 7

-409 Praza de Galicia (ferretería).

As paradas alternativas indícanse de seguido para cada liña:

*Liñas 5, 15 e P6: desde República Arxentina, desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e itinerario habitual pola rúa Fonte de Santo Antonio.

Desvíos en varias liñas por corte de tráfico na rúa de San Pedro (xoves 23/6/2016)

Cortarase ao tráfico a rúa de San Pedro desde as 18:00 ata a finalización dos servizos.

*Desvío dirección norte:

No momento do corte, as liñas 6, 9, 13, C6, C11 e P4 serán desviadas por San Roque, Pastoriza, avda. Rodríguez de Viguri e retomarán os seus itinerarios na rotonda de Concheiros. A maiores deste desvío, a liña 13 continuará pola avda. de Lugo e rúa da Ameixaga para acceder a Quiroga Palacios.

Paradas suprimidas:

Desvíos no transporte urbano por corte de tráfico na rúa Bruxelas (sábado 18 e domingo 19 de xuño de 2016)

A partir do momento de corte, as liñas continuarán o seu percorrido pola rúa París en dirección de baixada.

Quedarán suprimidas para estas liñas as paradas: (300) rúa Madrid nº 17; (132) rúa Bruxelas.

Realizaranse dúas paradas eventuais na rúa París, nas proximidades das paradas anuladas:

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220