DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Modificacións nas liñas C5 e C6 có inicio das obras nas rúas de Picaños, Santasmariñas e rúa da Estrada (desde o mércores 8/2/2017)

Itinerario habitual ata a rotonda de Castiñeiriño, desviándose por Paxonal, rúa Manuel Vázquez Cacharrón e retomando o seu itinerario habitual nas rúas de Santasmariñas e Picaños.

*Paradas suprimidas: (465) rúa da Estrada nº 74; (464) rúa da Estrada nº 28

*Paradas alternativas: (181) Castiñeiriño nº 1; (371) Paxonal nº 63; (370) Paxonal nº 29-31; (588) Santasmariñas nº 49.

Desvío na liña P7 por corte de tráfico na estrada de Marzo de Arriba (desde 30/1/2017)

*Saídas de Santiago con destino A Grixoa: desde Bargo, a liña irá por Miramontes ata Ponte Albar, e continuará realizando as paradas por Albudiño, Valiña ata a igrexa da Ponte, desde donde dará a volta.

*Saídas de Grixoa: darán de igual xeito a volta na igrexa da Ponte, para ir cara Santiago por Albudiño, Ponte Albar, Miramontes e Bargo, desde onde retomarán a liña.

Quedan suprimidas as paradas de Marzo de Arriba nos dous sentidos de circulación.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

Restricións de tráfico e desvíos no transporte pola carreira San Silvestre (sábado 31/12/2016)

*Corte desde Virxe da Cerca en sentido sur: as liñas en sentido sur desviaranse pola rúa de San Pedro, avda. de Lugo, Curros Enríquez, Hórreo a pza. de Galicia. En sentido norte por ese treito, as liñas non terán desvío ao estar a calzada dividida. Cando se realice o corte, quedarán suprimidas as paradas de Virxe da Cerca (praza de abastos) e Fonte de San Antonio.

*Corte en avda. Xoán Carlos I (nos dous sentidos de circulación):

Novo corte de tráfico no carril de servizo da avda. Cruceiro da Coruña (luns 12/12/2016)

Desde o momento en que os autobuses non podan acceder ao carril de servizo e ata a súa reapertura (prevista para a tarde do luns), irán pola vía principal da avenida, quedando suprimidas dúas paradas:

-Parada 73, avda. Cruceiro da Coruña, Meixonfrío.

-Parada 544, Salgueiriños, aparcadoiro.

As liñas afectadas son: liña 1, liña 4 (prolongacións por Mallou), liña P2 (prolongacións a Son), liña P4 e liña P6.

As paradas alternativas máis próximas por liña son:

Desvíos por corte de tráfico na vía de servizo da avda. Cruceiro da Coruña (desde 29/11/2016)

*Nas primeiras horas da xornada do martes 29 non se agarda que se deixe de realizar ningunha das paradas habituais. Conforme avancen as obras no carril, verase afectada a parada 544 Salgueiriños (aparcadoiro). Cando aconteza e o tráfico non poda acceder ao carril de servizo á altura desa parada, os autobuses realizarán unha parada alternativa na confluencia das rúas Manuel María, Irmandiños e Camiños da Vida, nas inmediacións da marquesiña pola parte de atrás.

*Liñas afectadas e desvío:

Desvíos nas liñas por corte de tráfico na rúa das Rodas (domingo 27/11/2016)

*Dirección norte: todas as liñas continuarán circulando pola rúa Valle Inclán en lugar das Rodas, polo que non se suprimen paradas nesta dirección.

*Dirección Sur: afectará ás liñas 1, 4, 5, 6, 7, 8, P1, P2 e P3. O seu desvío será pola avda. de Lugo ata a rúa do Hórreo e pza. de Galicia, continuando a partir deste punto cós seus itinerarios habituais. Quedarán suprimidas as seguintes paradas (todas en dirección sur):

-366: Pastoriza nº 103A

-576: Santa Clara

-573: San Roque nº 21

Restitución das paradas suprimidas polo corte de tráfico en Montero Ríos (desde o martes 15/11/2016)

Ao restablecerse o tráfico no cruce entre Xeneral Pardiñas e Montero Ríos, as liñas afectadas irán por Xeneral Pardiñas, rúa da Senra e pza. de Galicia. Realizarán as paradas habituais dos seus percorridos, en Xeneral Pardiñas (paradas 673 e 674) e na praza de Galicia, ferretería (parada 409).

A parada da rúa da Senra non será realizada polas liñas en desvío. Os usuarios poderán dirixirse ás paradas habituais.

Desvío na liña 5 por corte en República do Salvador (luns 12/6/2017)

Sentido Rocha: no horario de corte, a liña 5 irá desde a praza de Galicia por Doutor Teixeiro, Ponte Castro, rúa da Rosa, San Pedro de Mezonzo, pza. Roxa e retomará o seu itinerario en Frei Rosendo Salvado.

Quedará suprimida no horario indicado a parada 433, rúa República do Salvador. As paradas alternativas máis próximas son na praza de Galicia e en Frei Rosendo Salvado.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220