Restricións de tráfico e desvíos no transporte pola carreira San Silvestre (sábado 31/12/2016)

Novas de Tussa
Con motivo da celebración da carreira San Silvestre o sábado 31 de decembro, entre as 18:00 e 19:00 aproximadamente, terán lugar varios cortes de tráfico afectando ás liñas do transporte urbano:

*Corte desde Virxe da Cerca en sentido sur: as liñas en sentido sur desviaranse pola rúa de San Pedro, avda. de Lugo, Curros Enríquez, Hórreo a pza. de Galicia. En sentido norte por ese treito, as liñas non terán desvío ao estar a calzada dividida. Cando se realice o corte, quedarán suprimidas as paradas de Virxe da Cerca (praza de abastos) e Fonte de San Antonio.

*Corte en avda. Xoán Carlos I (nos dous sentidos de circulación):

-En sentido sur, desde a rúa da Senra desviaranse por Pombal, Poza de Bar, Burgas, avda. Coruña ata Rosalía de Castro, continuando cós seus itinerarios habituais. Quedará suprimida a parada situada en Xoán Carlos I (igrexa do Pilar).

-En sentido norte, desde Rosalía de Castro desviaranse por pza. de Vigo, avda. Vilagarcía, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e pza. de Galicia. Quedarán suprimidas as paradas de Xoán Carlos I neste sentido e a rúa da Senra.

*Cortes e restricións puntuais ao paso da carreira en Porta Faxeira.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220