Actualidade
17-03-2011
O Consello de Administración da Sociedade tomou nota dos resultados dos estacionamentos e do transporte urbano da cidade no ano 2010.
17-03-2011
O sábado 19 de marzo o servizo de transporte urbano funcionará como un festivo normal, coa excepción de determinadas liñas.
11-03-2011
Consulten os servizos de bus para asistir ao concerto que hoxe dará MIGUEL BOSÉ no Multiusos Fontes de Sar.
01-03-2011
Debido ás obras que se están realizando na zona, a parada de transporte urbano da rúa Santiago León de Caracas queda suprimida desde hoxe e ata o vindeiro venres día 4 de marzo (ambos incluidos).
23-02-2011
A partir do vindeiro martes 1 de marzo de 2011, os servizos que se detallan de seguido verán modificado o seu horario.
19-02-2011
Con motivo das obras que se acometerán a partir do luns 21 de febreiro na rúa Amor Ruibal, a parada do transporte urbano situada baixo o viaducto do ferrocarril (en dirección saída da cidade) trasladarase uns metros máis adiante, cara a parada que actualmente realizan os autobuses interurbanos.As liñas afectadas son: 6, 12, C5 e P3.Desculpen as molestias que esta modificación lles poida ocasionar.
08-02-2011
A praza do Obradoiro acolleu a presentación das cinco novas unidades que incorpora o servizo de transporte urbano. Estes autobuses destacan polo seu moderno deseño exterior, máis adaptado aos novos tempos, e tamén polas solucións técnicas que incorporan. Teñen capacidade para 26 viaxeiros sentados e 65 de pé, ademais de espazo para unha cadeira de rodas.
04-02-2011
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o domingo 6 de febreiro ás 12.15 horas no multiusos Fontes do Sar.
28-01-2011
Debido aos traballos de instalación do novo SAE, a utilidade "PRÓXIMO BUS" da páxina do transporte urbano queda desactivada temporalmente.Desculpen as molestias.
25-01-2011
Debido á convocatoria de folga para o xoves 27, o servizo de préstamo de bicicletas COMBICI permanecerá pechado durante toda a xornada.
10-01-2011
Debido ao inicio das actividades na Cidade da Cultura, ubicada no monte Gaiás, relacionanse os servizos de transporte que chegarán á mesma partir do mércores 12 de xaneiro de 2011.
23-12-2010
O aparcadoiro de borde de Salgueiriños permanecerá pechado desde as 16.00 horas do día 31 e durante toda a xornada do día 1 de xaneiro, abrindo a partir do día 2 no horario habitual.O servizo de aluguer de bicicletas COMBICI permanecerá pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os días anteriores (24 e 31 de decembro), o servizo funcionará só ata as 18.00 horas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- …
- Páxina Seguinte
- Last page