Servizos de transporte á Cidade da Cultura

Novas de Tussa
Debido ao inicio das actividades na Cidade da Cultura, ubicada no monte Gaiás, relacionanse os servizos de transporte que chegarán á mesma partir do mércores 12 de xaneiro de 2011.

* Luns a venres laborábeis: coa liña C9

As viaxes con saída do multiusos ás 10.40 h, 12.40 h, 17.25 h e 19.25 h, realizarán o traxecto habitual da liña (multiusos – Fontiñas – rúa Valle Inclán – praza de Galicia – rúa da Rosa – Avda. de Lugo – multiusos) e rematarán na Cidade da Cultura, realizando o paso pola CDC aproximadamente ás 11.10 h, 13.15 h, 18.05 h e 20.05 h.

* Sábados laborábeis: coas liñas C5 e C6

Subida á Cidade da Cultura: a viaxe da liña C5 con saída do polígono de Costa Vella ás 11.30 h realizará o percorrido habitual polo centro da cidade e desviarase á Cidade da Cultura.

Horas de paso aproximadas: por rúa Valle Inclán ás 11.50 h; por rúa da Rosa ás 12.00 h; pola Cidade da Cultura ás 12.15 h.

 

Baixada da Cidade da Cultura: a viaxe da liña C6 con saída do polígono de Costa Vella ás 14.05 h desviarase á Cidade da Cultura e realizará o percorrido habitual polo centro da cidade.

Horas de paso aproximadas: pola Cidade da Cultura ás 14.15 h; por rúa do Hórreo ás 14.30 h; por Virxe da Cerca ás 14.40 h.

 

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220