DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Desvío da liña 7 do transporte urbano

* Dirección San Roque: rúa Diego Bernal - multiusos Fontes do Sar - rúa de Londres - Avda. de Lugo - Bernardo Barreiro e Curros Enríquez.

* Dirección Sar e Aríns: Patio de Madres - Castrón Douro - Curros Enríquez - Bernardo Barreiro - Avda. de Lugo - multiusos Fontes do Sar e rúa Diego Bernal.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.

Desvío na liña P1 do transporte urbano (Figueiras - San Roque). Sábado 19 de marzo

Figueiras - Carme de Abaixo - desvío por Poza de Bar - Avda. das Burgas e Avda. Xoán Carlos I, retomando o seu itinerario habitual na rúa da Senra.

A parada situada fronte ao IES Rosalía de Castro realizarase na Avda. de Xoán Carlos I (fronte á igrexa do Pilar).

Desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Cambio de horarios na liña P7 do transporte urbano (San Caetano - Grixoa) a partir do 1 de marzo de 2011

Horario actual:

Porta do Camiño – Grixoa, 10.30 h

Grixoa – Porta do Camiño, 11.10 h

Porta do Camiño – Peregrina, 11.50 h

Peregrina – Porta do Camiño, 12.20 h

 

Novo horario desde o 1 de marzo:

Porta do Camiño – Peregrina, 10.30 h

Peregrina – Porta do Camiño, 11.00 h

Porta do Camiño – Grixoa, 11.30 h

O servizo do transporte urbano incorpora cinco novos autobuses cun moderno deseño adaptado ás características da cidade

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, puido inspeccionar de primeira man estes cinco novos autobuses, que contribúen á renovación permanente da flota de vehículos. De feito, indicou que a antigüidade media dos autobuses está apenas nos sete anos. A próxima incorporación de novos autobuses virá da man do convenio asinado coa Xunta de Galicia para a implantación do transporte metropolitano.

Servizos de transporte á Cidade da Cultura

* Luns a venres laborábeis: coa liña C9

As viaxes con saída do multiusos ás 10.40 h, 12.40 h, 17.25 h e 19.25 h, realizarán o traxecto habitual da liña (multiusos – Fontiñas – rúa Valle Inclán – praza de Galicia – rúa da Rosa – Avda. de Lugo – multiusos) e rematarán na Cidade da Cultura, realizando o paso pola CDC aproximadamente ás 11.10 h, 13.15 h, 18.05 h e 20.05 h.

* Sábados laborábeis: coas liñas C5 e C6

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220