DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos na liña 1 para a festividade da Ascensión (xoves 29/5/2014)

Con motivo das actividades da festividade da Ascensión, a liña 1 do transporte urbano, de 8:00 a 15:00 funcionará como un día laborable (cada 16 minutos) e prolongarase en todas as viaxes neste horario ao recinto feiral de Amio.

As restantes liñas do transporte urbano prestarán o servizo dun festivo ao longo de todo o día, así como a liña 1 en horario de tarde (a partir das 15:00).

Servizos de reforzo no transporte urbano o sábado 17 e domingo 18 de maio

*SÁBADO 17 DE MAIO:

Funcionarán como un sábado laborable ata as 15:00 as seguintes liñas: 6, 7, C5, C6, P1, P2 e P3. A partir das 15:00, todas as liñas do transporte terán o horario habitual de festivos.

*DOMINGO 18 DE MAIO:

Reforzarase a liña C11 en horario de mañá a partir das 10:00, tendo a partir desta hora e ao longo de todo o día frecuencias de entre 15 e 20 minutos.

Desvíos por corte de tráfico na rúa Xeneral Pardiñas (venres 9/5/2014, de 10:00 a 13:00)

-Paradas suprimidas: 673 (Xeneral Pardiñas nº 35) e 674 (Xeneral Pardiñas nº 7).

-Paradas alternativas: 277 (rúa do Hórreo nº 23) e 409 (Praza de Galicia, ferretería).

*Liñas 5 e 15: desde Rep. Arxentina, continuarán por Pza. Ponte Castro – rúa do Hórreo (parada 277) – cambio de sentido en Pza. Galicia – parada 409, Pza. de Galicia, ferretería e itinerario habitual dirección Norte.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas San Pedro e Concheiros (sábado 3/5/2014)

O desvío das liñas en dirección Norte é o que están a realizar habitualmente, debido ao corte que xa está a ter lugar na rúa de San Pedro.

Dirección Norte, de S. Pedro – Concheiros a Fontiñas:
-Desvío liñas 6, 9, C6 e C11: por rúa das Rodas, rúa San Roque, rúa Basquiños, Avda. Rodríguez de Viguri e rotonda de Concheiros, continuando cós seus itinerarios habituais.

-Desvío liña 13: por rúa das Rodas, rúa San Roque, rúa Basquiños, Avda. Rodríguez de Viguri, Avda. de Lugo e rúa da Ameixaga, continuando có seu itinerario habitual.

Desvío en liñas 5 e C2 por corte en Sánchez Freire (sábado 29/3, 14:30-20:30)

Afectará ás liñas: 5 (dirección Rocha) e C2.

Desvío: itinerario habitual ata finalizar a rúa García Prieto. Na rotonda do Cruceiro de Conxo, desvío á dereita por rúa Xosé Pasín, para logo continuar á esquerda por Avda. de Ferrol ata o acceso á rotonda de Conxo.

Quedará suprimida soamente a parada 575 rúa de Sánchez Freire. Realizarase unha parada alternativa en Avda. de Ferrol, Praza da Mercé, dirección Sur, á altura da existente en dirección centro.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220