Desvío por corte na rúa Doutor Teixeiro (domingo 13/4/2014)

Novas de Tussa
Con motivo dun corte de tráfico este domingo día 13 de abril no primeiro treito da rúa Doutor Teixeiro (desde praza de Galicia ata rúa República do Salvador), as liñas 5, 6, P3 e o servizo ao aeroporto de Lavacolla realizarán un itinerario de desvío:

O horario de corte será entre as 7:00 e as 20:00 (horario de finalización aproximado).

Ningunha das liñas afectadas deixará de realizar as súas paradas habituais. Farán a parada da praza de Galicia (Banco de Santander) e tamén as seguintes segundo a liña: República do Salvador (liña 5) e rúa da Rosa (liñas 6, P3 e aeroporto).

O desvío que realizarán os autobuses será o seguinte: praza de Galicia (parada Banco de Santander), cambio de sentido na praza, rúa Fonte de San Antonio, rúa Patio de Madres, rúa Castrón Douro, rúa Curros Enríquez, rúa Santiago de Guayaquil, rúa República do Salvador e itinerario habitual a partir deste ponto para cada unha das liñas.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poda ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220