DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico no Campo de Conxo (sábado 5/3 a partir das 13:30 ata a finalización dos servizos do día)

*Liña 5 sentido Rocha: despois de Sánchez Freire, desviaranse pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).

Paradas suprimidas: (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.

Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (mércores 16 e xoves 17/2, entre as 9:30 e as 20:00 cada un dos días)

*Pza. Camilo D. Baliño - Folgoso:
Despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.

Desvío por corte de tráfico na rúa Rosalía de Castro (domingo 13/2/2022)

No tempo que dure o corte, a liña 1 cara o hospital Clínico e a liña P2 cara Laraño desviaranse pola pza. de Vigo, avda. de Vilagarcía e Romero Donallo, para continuar os seus itinerarios habituais por Rosalía de Castro.

Quedará suprimida a parada 451, Rosalía de Castro nº 96. Os usuarios poden dirixirse á seguinte parada das liñas, despois da rotonda con Romero Donallo, en Rosalía de Castro nº 126.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío por peche ao tráfico da rúa do Pombal (a partir do luns 24/1/2022)

Desvíos:

*Liña 4, traxecto Romaño – As Cancelas.

*Liña 9, traxecto Casas Novas – Cidade da Cultura.

*Liña C4, circulando desde Galeras a hospitais.

*Liña P1, traxecto Folgoso – San Caetano.

*Liña P7, traxectos desde Grixoa, Peregrina e Pardaces a Porta do Camiño e San Caetano.

Estas liñas nos traxectos indicados desviaranse por Poza de Bar, avda. das Burgas, avda. da Coruña e Rosalía de Castro.

Paradas suprimidas:

Desvío na liña 8 en sentido Vidán (entre as 7:00 e as 9:00 do sábado 18/12/2021)

*Despois da Senra, desviarase por Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, avda. Mestre Mateo e retomará o seu itinerario habitual na avda. Mestra Victoria Míguez.
Quedarán suprimidas as paradas de San Clemente (IES Rosalía de Castro), Poza de Bar e San Lourenzo.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 7 e C11 por corte de tráfico en Curros Enríquez (desde o luns 29/11 ata o mércores 1/12)

*Liña 7 (traxectos Aríns / Fornás - Valle Inclán): desde Curros Enríquez desviarase por Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e rúa do Hórreo, retomando o seu itinerario habitual.

Queda suprimida para a liña 7 a parada 226, Curros Enríquez, á altura do número 5 da rúa.

*Liña C11 (circular Fontiñas): circulando pola avda. de Lugo, continuarán sen desviarse pola avenida, rúa do Hórreo, e retomarán o seu itineario por República do Salvador e Doutor Teixeiro.

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa de Eslovenia, pol. Costa Vella (a partir do venres 19/11/2021)

*As liñas C5 e C6, despois da parada de Castela e León (Mercadona), cambiarán de sentido e voltarán por Castela e León, rúa de Polonia e retomarán o percorrido habitual nesta rúa, realizando a espera de regulación na parada do recinto feiral de Amio.

Queda suprimida temporalmente a parada 212, rúa de Eslovenia (Decathlon).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa Sánchez Freire (venres 28/1 a partir das 20:00 ata a finalización dos servizos do día)

*Liña 5 sentido Rocha e liña C2: desviaranse pola rúa Xosé Pasín e avda. de Ferrol, retomando o seu itinerario na rotonda de Conxo.

Quedará suprimida nese horario a parada 575, Sánchez Freire. Realizarase unha parada alternativa na avda. de Ferrol, á altura da pza. da Mercé.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220