Modificación de percorrido na liña 13 do transporte urbano (a partir do luns 19/9/2022)
*Os traxectos da liña 13 entre Xeneral Pardiñas e Belvís, despois da rúa Virxe da Cerca, continuarán pola rúa de San Pedro, Calzada de San Pedro e rúa de Belvís, para acceder novamente a Quiroga Palacios.
As paradas a realizar despois da Virxe da Cerca son as seguintes:
*Porta do Camiño (inicio da rúa de San Pedro)
*Rúa de San Pedro, igrexa (confluencia Calzada de San Pedro)
*Calzada de San Pedro (Don Bosco)
*Rúa de Belvís (Convento de Belvís)
*Avda. Teodomiro (Seminario Menor)
*Quiroga Palacios nº 10