O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE TUSSA APROBOU OS ORZAMENTOS DA SOCIEDADE PARA 2010
A sociedade municipal TUSSA afronta este novo exercicio cun orzamento equilibrado entre ingresos e gastos de 1.941.796,05 €, un 25,84% superior ao presupostado para 2009.
Para este ano a Sociedade aposta de xeito decidido pola mellora global da mobilidade do concello, coa creación de novas áreas de estacionamento, control do sistema de transporte individualizado en bicicleta e unha política de avaliación e progresión continua na promoción do transporte público na cidade.