O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE TUSSA APROBOU OS ORZAMENTOS DA SOCIEDADE PARA 2010

Novas de Tussa
O Consello de Administración, celebrado o 5 de marzo pasado, aprobou os orzamentos da Sociedade para 2010 e a licitación do aparcadoiro de borde de Santa Marta.

A sociedade municipal TUSSA afronta este novo exercicio cun orzamento equilibrado entre ingresos e gastos de 1.941.796,05 €, un 25,84% superior ao presupostado para 2009.

Para este ano a Sociedade aposta de xeito decidido pola mellora global da mobilidade do concello, coa creación de novas áreas de estacionamento, control do sistema de transporte individualizado en bicicleta e unha política de avaliación e progresión continua na promoción do transporte público na cidade.

Destaca especialmente a posta en marcha do aparcadoiro de borde de Santa Marta, que é sen lugar a dúbida un dos proxectos máis ambiciosos de TUSSA desde a súa creación. Neste caso, TUSSA non só se vai encargar da xestión do aparcadoiro, senón que vai acometer a construción da superficie, o que vai supoñer un investimento total de 278.229,26 €.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220