Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa García Prieto (martes 30/4 entre as 15:30 e as 21:00)

Novas de Tussa
Debido a un corte de tráfico que terá lugar na rúa de García Prieto o martes 30 de abril entre as 15:30 e as 21:00, as liñas 5 en sentido Rocha e C2 realizarán o seguinte desvío:

Despois da rúa Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:
* Parada 95: avda. Vilagarcía nº 26
* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)
* Parada 270: García Prieto nº 64
* Parada 575: Sánchez Freire
Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220