Desvíos nas liñas 5, 6, 6A, 9, C2, C4, C6, P2 e P7 por previsión da concentración de tractores na zona de Rodríguez de Viguri, Anxo Casal e San Caetano, con cortes de tráfico na contorna da Xunta de Galicia

Novas de Tussa
Con previsión das concentracións que se levarán a cabo mañá martes 20/2 ao longo do día (entre as 8:00 e as 22:00), os autobuses das liñas indicadas realizarán os desvíos propostos de seguido, tendo en conta que ao longo do día dependerán da situación dos cortes de tráfico que se poidan ir realizando.

A partir das 8:00, as liñas 5, 6, 6A, 9, C2, C4, C6, P2 e P7 realizarán os seguintes desvíos:
*LIÑA 5 cara Vite: desde Pastoriza xirará directamente á avda. Castelao. Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal st.pza; (229) pza. Camilo D. Baliño; (49) Anxo Casal, Xunta)
*LIÑA 5 cara Rocha: desde avda. Castelao xirará directamente á avda. Xoán XXIII. Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal st.pza; (229) pza. Camilo D. Baliño; (49) Anxo Casal, Xunta)
*LIÑAS 6, 6A cara San Marcos e Aeroporto: desde Pastoriza irán por San Caetano, avda. Rodríguez de Viguri, avda. Camiño Francés, Monte dos Postes (treito CEIP) e Valiño.
Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal, st.pza; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación; (696) Monte dos Postes nº 47.
*LIÑAS 6, 6A cara Hórreo e Os Tilos: desde a rúa Valiño e CEIP Monte dos Postes, desviaranse cara a rotonda coa avda. Camiño Francés (acceso centro comercial), continuando por esta avenida e enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri antes da pza. de España.
Paradas suprimidas: (695) Monte dos Postes nº 8; (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16.
*LIÑAS 9, C6 cara Cidade da Cultura e Pol. Costa Vella: desde Pastoriza irán por San Caetano, avda. Rodríguez de Viguri, avda. Camiño Francés, rúa Monte dos Postes, enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri na rotonda onde está o parque de Bombeiros.
Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal, st.pza; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación.
*LIÑAS C2 e C4: evitarán a zona de Anxo Casal Rodríguez de Viguri e pza. Camilo Díaz Baliño. A liña C2 desde avda. Castelao irá por San Caetano a Camiño Francés; a liña C4 desde o Camiño Francés desviarase a pza. España, San Caetano e avda. Castelao.
Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal st.pza; (230) pza. Camilo D. Baliño; (49) Anxo Casal, Xunta)
*LIÑAS P2 e P7 (nas prolongacións a San Caetano): despois de Pastoriza, en lugar de xirar a Anxo Casal e pza. Camilo Díaz Baliño, irán a dar a volta á pza. de España para iniciar o percorrido no sentido contrario.
Paradas suprimidas: (47) Anxo Casal st.pza; (230) pza. Camilo D. Baliño; (49) Anxo Casal, Xunta)
Todas as paradas nos desvíos que realicen os autobuses serán realizadas por todas as liñas a demanda de usuarios.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220