O aforo máximo, nas prazas de pé, permitido nos autobuses de carácter urbano queda redactado no punto 3.18 Transportes do DOG no apartado 1.b) como segue:
Nos vehículos e nas embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima o setenta e cinco por cento (75%) das prazas de pé.
Lembrar que seguen en vigor:
Que se poderán ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita
A obrigatoriedade do uso da máscara no transporte público
Non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.