Modificacións nas liñas que circulan pola avda. de Lugo (a partir do sábado 11/9)

Novas de Tussa
Coa reapertura ao tráfico do sentido de subida da avenida, a partir do sábado 11 de setembro, algunhas liñas que circulan pola avda. de Lugo terán modificacións respecto ao percorrido que realizan actualmente:

*As liñas que baixan desde avda. Rodríguez de Viguri con destino Fontiñas ou Belvís continuarán o percorrido actual coas mesmas paradas:

-Liña 9 (Casas Novas-CDC); liña 13 (X. Pardiñas-Belvís); liña C6 e liña C11 (cara Fontiñas e C.Francés)

Paradas:

535 Avda. Rodríguez de Viguri (antes cruce Concheiros), as 4 liñas citadas.

088 Londres (centro de saude), as liñas citadas excepto a liña 13.

086 Avda. Lugo (cruce Quiroga Palacios), para a liña 13.

*Liña 9 (CDC-Casas Novas) e liña C5: despois da parada de Lisboa, recuperan a parada 128, rúa Berlín, irán por Viena, avda. de Lugo sentido norte e continuarán o desvío actual por Anxo Casal, Pastoriza e San Roque.

*Liña 13 (Belvís-X. Pardiñas): despois da parada 92, avda. Lugo nº 22, continuará pola avda. de Lugo e seguirá o desvío actual por Anxo Casal, Pastoriza e San Roque. Recupérase a parada 89, avda. de Lugo (xulgados) no carril de servizo.

*Liña C2 e liña C11 (cara o centro da cidade): despois da parada de Lisboa, recuperan a parada 128, rúa Berlín, irán por Viena, avda. de Lugo sentido norte, cambio de sentido na rotonda con Monte dos Postes e baixarán pola avda. de Lugo recuperando o itinerario habitual cara o centro. Recuperan a parada 293, avda. de Lugo nº 263, que pasarán a facer en lugar da parada actual antes da rotonda.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220