Desvío na liña 7 por corte de tráfico en Ponte de Sar (sábado 12 e domingo 13 de maio de 2018)

Novas de Tussa
Debido a un corte de tráfico na rúa Ponte de Sar con motivo da Festa Medieval do barrio, que terá lugar o sábado 12 e o domingo 13 de maio, a liña 7 realizará os seguintes desvíos (en todos os servizos da fin de semana):

Este desvío afectará a todos os servizos da liña 7 na fin de semana, incluindo tamén os servizos nocturnos da noite do venres 11 ao sábado 12 e na do sábado 12 ao domingo 13 de maio.

*Sentido Aríns: rúa Castrón D’Ouro – rúa Curros Enríquez – rúa Bernardo Barreiro – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar.

Paradas suprimidas: (516) rúa de Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Sentido rúa Valle Inclán: o percorrido inverso, desde a rúa Ponte de Sar por Diego Bernal, rúa Fontes de Sar, rúa Londres, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e rúa Curros Enríquez.

Paradas suprimidas: (388) Ponte de Sar nº 41; (195) Colexiata de Sar; (515) rúa de Sar de Afora nº 18; (227) Curros Enríquez nº 25.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220