A dársena de autobuses de Xoán XXIII é unha instalación situada a uns 200 metros da Catedral.
É o punto máis cercano ao casco histórico no que se pode deixar as persoas viaxeiras para que poidan visitar tranquilamente o mesmo.
Permite aos vehículos parar unicamente co fin de cargar e descargar viaxeiros. O pago da tarifa dá dereito a entrar no aparcadoiro cantas veces sexa necesario durante o mesmo día. Cada vez que entre no aparcadoiro, o vehículo dispón de 15 minutos para a carga e descarga de viaxeiros e os excesos de tempo abonaranse segundo as tarifas indicadas.