CONVOCATORIA BOLSA DE TRABALLO PARA CONTRATACIÓN TEMPORAL
O Consello de Administración da Sociedade, en sesión celebrada o 30 de marzo de 2022 aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo da Sociedade (AXENTE DE APARCADOIRO, AXENTE DE ESTACIÓN, AXENTE DE DEPÓSITO, CONTROLADOR/A).
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente desta web.