DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2022-2023 no transporte urbano

A partir do xoves 8 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.

No enlace adxunto poden consultar o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.

Poden consultar calquera dúbida no teléfono de información do transporte urbano, 981581815.

Transporte urbano no ámbito de Concheiros, avda. de Lugo e avda. Rodríguez de Viguri

As liñas 9, 13, C5 e C11 recuperan o paso pola rúa dos Concheiros, e as liñas C2, C4, C6 e C11 en sentido centro cidade continuan a realizar o percorrido actual, modificado tras os cambios de tráfico introducidos coa remodelación da avda. de Lugo.
No documento adxunto poden consultar as paradas de transporte urbano do ámbito destas rúas, así como as liñas que realizan parada en cada unha delas.

Horarios de verán 2022 no transporte urbano

As liñas recuperan os horarios de verán coas reducións habituais da época estival. Nesta tempada, reforzaranse os servizos da liña 6 – 6A nos sábados, domingos e festivos.

No documento adxunto poden consultar os horarios e frecuencias por liña.

Nos vindeiros días estarán disponibles nos autobuses a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Paradas na zona de Fontiñas e Rodríguez de Viguri

*Parada 87, avda. Rodríguez de Viguri (cruce Monte dos Postes, á altura do aparcadoiro de Altiboia), operativa para as liñas 9, 13, C2, C5 e C11, todas circulando cara o centro da cidade.

*Parada 128, rúa de Berlín (centro sociocultural): recuperará o seu emprazamento habitual na rúa de Berlín, antes de que os autobuses continuen pola rúa de Viena. Aquí paran as liñas 9, C2, C5 e C11 tamén en sentido centro.

Itinerario habitual na liña P2 pola zona da Amañecida e Laraño (a partir do sábado 5/2/2022)

A partir do inicio dos servizos do sábado 5 de febreiro, a liña P2 voltará a realizar as paradas habituais polas zonas da Amañecida e Laraño.

Serán efectivas de novo as seguintes paradas nos dous sentidos de circulación: rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220