DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte na rúa Seoane en Amio (mércores 27/9/2017)

*Sentido terminal Polígono Costa Vella: itinerario habitual por rúa Porto do Medio, rúa da Mira e desvío por rúa da Pena Corveira, rúa da Campiña, rúa de Amio, rúa da Carballa, rúa País Vasco ata a terminal na rúa Eslovenia (lateral Decathlon).

Quedan suprimidas as seguintes paradas:

-470, rúa da Mira 1 (alternativa no cruce de desvío a Pena Corveira).

-471, rúa da Mira 2.

-472, rúa da Mira 3.

(as liñas realizarán as tres paradas da rúa da Mira cando vaian en sentido centro cidade).

Desvíos no transporte para esta fin de semana (sábado 16 e domingo 17/9/2017)

Adxúntase información para os seguintes desvíos:

*Sábado 16/9, de 22:00 a 23:30, con motivo da carreira CorreSan nocturna. Cortarase ao tráfico Porta Faxeira.

*Domingo 17/9, de 8:30 a 10:00 e de 12:30 a 14:30, con motivo da etapa en Santiago da Volta Ciclista a Galicia. Cortarase ao tráfico nestes horarios a avda. de Xoán Carlos I.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na zona do Campus (luns 31/7/2017 desde 22:00)

*Saída de Vidán 22:30, itinerario habitual por avda. Mestra Victoria Míguez para desviarse por avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomando o itinerario en avda. Xoán Carlos I.

Quedarán neste servizo suprimidas as paradas do Campo de San Domingos, estrada de San Lourenzo, carballeira de San Lourenzo, avda. das Burgas e avda. da Coruña.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos nas liñas por corte na rúa das Rodas (a partir do martes 1/8/2017)

Liñas sen desvíos polo corte: liñas 12, C2, C4 e C11.

1. As liñas circulando en sentido sur (desde Pastoriza e San Roque ata Virxe da Cerca) realizarán o percorrido pola rúa Valle Inclán (habilítase o doble sentido de circulación nesta rúa ata o cruce con Bonaval). Non se suprimen paradas neste sentido.

2. En sentido norte:

Quedan suprimidas (para todas as liñas) as paradas: (572) San Roque, La Salle; (125) Basquiños nº 28; (367) Pastoriza nº 22.

Desvío na liña 9 no percorrido na Cidade da Cultura (luns 24/7 ata as 16:00)

A liña 9 circulará polo vial exterior de ida e volta, ao estar cortado o acceso aos aparcadoiros.

Quedarán suprimidas as paradas de ida e volta á altura dos aparcadoiros. Realizará paradas alternativas en dito vial, nas inmediacións da rotonda.

Pregamos desculpen as molestias que esta alteración lles poida ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico na rúa de San Pedro (sábado 22 de xullo a partir das 20:30)

No momento de corte da rúa de San Pedro, a liña C11 será desviada pola rúa das Rodas, San Roque, Pastoriza, Anxo Casal e avda. Rodríguez de Viguri, retomando o seu itinerario na rotonda de Concheiros.

Paradas suprimidas:

-397 Porta do Camiño.

-511 Rúa de San Pedro nº 58.

-219 Cruceiro de San Pedro.

-197 Concheiros nº 64.

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán realizadas pola liña.

Desvíos na liña 6 por corte de tráfico na Ponte de San Lázaro (a partir do xoves 17/8/2017)

*Sentido San Marcos: tras rematar a rúa de San Lázaro, os autobuses desviaranse cara a rúa das Estrelas (acceso pola rotonda baixo a SC-20) e rúa do San Martiño, para enlazar có seu itinerario habitual ao inicio da costa de San Marcos.

Queda suprimida a parada 396, Ponte de San Lázaro, sentido de subida a San Marcos. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, no desvío a Palacio de Congresos.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas de San Pedro e Concheiros (venres 30 de xuño e sábado 1 de xullo)

O sábado 1 de xullo, cortaranse ao tráfico as rúas de San Pedro e Concheiros desde as 8:00 ata a finalización dos servizos do día, afectando á liña C11 e ás liñas 9, 13 e C5 en sentido Concheiros – Angustia – Bonaval.

*Desvío sentido norte (de Virxe da Cerca a San Pedro e Concheiros):

Desvío na liña 5 por corte en República Arxentina (domingo 18/6 de 7:00 a 10:00)

Desde a avda. de Ferrol, a liña 5 entre as 7:00 e as 10:00 irá por Romero Donallo, rúa do Hórreo, e retomará o seu itinerario habitual na parada da ferretería na pza. de Galicia.

Quedarán suprimidas as dúas paradas da rúa República Arxentina e as dúas da rúa Xeneral Pardiñas.

Pregamos desculpen as molestias.

Desvíos por corte na rúa do Campo de Santa Isabel (sábado 17/6 de 8:00 a 21:00)

*Liña 9: afectará a todos os servizos da liña o sábado pola mañá. A liña 9 non accederá a Casas Novas, rematando o percorrido na zona de Santa Isabel. Aparte das paradas habituais de Galeras, realizará as paradas ao carón do campo de Santa Isabel (608, Sta. Isabel, en sentido saída; e 577 Santa Isabel, en sentido centro, desde onde comezará a liña).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220