DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa Santiago de Guayaquil (mércores 24/3 a partir das 21:00)

*Servizos afectados polo desvío:

-Liña 7: saídas de Aríns con destino Valle Inclán ás 21:30 e 22:30.

-Liña C11: os pasos da liña por Curros Enríquez a partir das 21:00 e ata a finalización dos servizos do día (saídas da avda. do Camiño Francés a partir das 20:45)

*Desvío:

-Liña 7: desde Curros Enríquez, desviarase por Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e rúa do Hórreo.

-Liña C11: continuará pola avda. de Lugo para enlazar coa rúa do Hórreo.

*Paradas suprimidas:

Desvío na liña 6 por corte de tráfico na rúa de San Lázaro (desde as 22:00 do luns 22 ata as 6:00 do martes 23 de marzo)

*Sentido San Marcos e Aeroporto: desde a rúa de San Lázaro, os autobuses desviaranse pola rúa Miguel Ferro Caaveiro (Palacio de Congresos), rúa das Estrelas (acceso pola rotonda baixo a SC-20) e rúa de San Martiño, para enlazar có seu itinerario habitual ao inicio da costa de San Marcos.

Queda suprimida a parada 396, Ponte de San Lázaro, sentido de subida a San Marcos. Parada alternativa máis próxima: rúa de San Lázaro, no desvío ao Palacio de Congresos.

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na zona do polígono do Tambre (luns 22/2 de 8:00 a 17:00)

*Luns 22/2 entre as 8:00 e as 17:00: a liña 8 non poderá acceder á parada 620 no tanatorio de Boisaca, realizándose de xeito temporal na rúa José Villar Granjel, no lateral da escola infantil.

A liña iniciará de novo percorrido cara o centro xirando á esquerda na rúa das Mulas, rúa María de los Ángeles de la Gándara, vía La Cierva e rúa do Tambre continuando có seu percorrido habitual.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

Desvíos por corte de tráfico nas rúas Xeneral Pardiñas e Montero Ríos (a partir das 8:00 do luns 8 de febreiro)

-673 Xeneral Pardiñas nº 35
-674 Xeneral Pardiñas nº 7

*Liña 5 (traxecto Rocha – Vite), liña 15 (traxecto Campus Sur - Campus Norte) e liña P6 (traxecto Rosa - Polígono do Tambre): desde República Arxentina desviaranse pola praza de Ponte Castro, rúa do Hórreo e cambiarán de sentido na pza. de Galicia para acceder á parada habitual 409 (pza. de Galicia, sentido norte).
*Liña 13: rematará o seu percorrido na pza. de Galicia, desde onde iniciará de novo cara Belvís.

Novos desvíos na zona de Conxo (a partir do luns 25/1 ás 8:30)

*Continuará a realizarse o desvío en vigor actualmente das liñas 5, 12 e C4 cara o centro da cidade:

-Desde a Benéfica de Conxo cara a rotonda de Conxo, as liñas 5 en sentido Vite, 12 e C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido na rotonda de nova creación, voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itineario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

Desvío por modificación no tráfico na rúa Berlín (xoves 17 e venres 18/12/2020)

A consecuencia desta modificación, o xoves 17 desde o momento do corte ata a reapertura do carril habitual prevista na xornada do venres 18 de decembro, quedará suprimida a parada 128 Berlín (centro sociocultural), afectando ás liñas 9, C2, C5 e C11.

Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña:

*Parada anterior, liñas 9, C2, C5 e C11: a situada na rúa Lisboa cruce con Berlín.

*Parada posterior, liñas C2 e C11: a situada en Rodríguez de Viguri (rotonda Concheiros).

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220