SERVIZOS ESPECIAIS

Servizo de transporte á XLV edición da Festa do Escalo 2019 (domingo 21/7/2019)

A liña contará cós seguintes horarios o domingo 21 de xullo:

*Saídas da rúa da Rosa con destino a Chaián: 13:00 13:30

*Saídas de Chaián con destino á rúa da Rosa: 20:30 21:00

O servizo realizará as paradas habituais da liña P6 do transporte urbano: rúa da Rosa, Xeneral Pardiñas, pza. Galicia, Ensinanza, Virxe da Cerca, San Roque, Basquiños, Pastoriza, San Caetano, Cruceiro da Coruña, prolongándose desde o polígono do Tambre ata o lugar de Chaián.

Servizos especiais de transporte para o concerto de Alejandro Sanz no monte do Gozo (sábado 6/7/2019)

O servizo especial contará con dúas liñas de lanzadeiras, unha desde o centro da cidade (zona da estación de ferrocarril) e outra desde o recinto feiral de Amio (zona habilitada de aparcadoiro).

Poden consultar toda a información de horarios do servizo e paradas de acceso no documento adxunto:

Servizos de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" (Cidade da Cultura, xullo e agosto de 2019)

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coas liñas 9 e C11 (esta última, con prolongación os sábados pola tarde). No enlace adxunto poden consultar os seus horarios e itinerario.

Para a volta tras a finalización dos concertos, haberá un autobús que realizará o percorrido desde a Cidade da Cultura ata a praza de Galicia por Fontiñas, avda. Rodríguez de Viguri, Pastoriza, San Roque e Virxe da Cerca.

O horario de saída da CDC é ás 23:00 para cada un dos días:

Servizo especial con motivo do evento "Cidade Imaxinaria" na CDC (sábado 20/8/2016)

*Liña 9: horarios habituais de sábado.

-Saídas de Casas Novas dirección CDC, de 8:30 a 13:30 (cada 60').

-Saídas da CDC dirección Casas Novas, de 9:00 a 13:00 (cada 60').

*Liña C11: prolongacións a CDC habituais de sábado.

-Pasos aproximados por rúa do Hórreo con dirección CDC, ás 17:10 e 20:15.

*Servizo especial:

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220