Anuncio da convocatoria para cubrir unha praza para o grupo operativo

Anuncio da convocatoria para contratación de persoal para o grupo operativo da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA)

O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), en sesión celebrada o 9 de outubro de 2025, aprobou as bases reguladoras para a contratación DUN/UNHA TRABALLADOR/A DO GRUPO OPERATIVO da Sociedade (nivel retributivo IV), para as categorías de axente de aparcadoiro, axente de depósito, axente de estación e controlador/a.

As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente desta web.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220