Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas desde unha hora antes do inicio do partido. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.
*VENRES 16/5:
Lanzadeira rúa da Rosa, a partir das 19:00
Prolongacións C11 (pasos aprox. Xeneral Pardiñas), ás 18:53, 19:05, 19:17, 19:29 e 19:41
*DOMINGO 18/5:
Lanzadeira rúa da Rosa, a partir das 17:15
Prolongacións C11 (pasos aprox. Xeneral Pardiñas), ás 17:15, 17:35 e 17:55