*Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar entre as 16:30 e as 22:30.
*Liña C11: frecuencia o sábado pola tarde de 15'. Entre as 16:30 e as 22:30 (horas por Xeneral Pardiñas), prolongaranse todos os servizos ao multiusos. No resto de horarios, a liña conta con parada próxima ao multiusos na rúa Londres, cruce con Fontes do Sar. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.
(NOTA LIÑA C11: debido ao desenvolvemento dunha carreira na cidade a tarde do sábado 5, entre as 16:30 e as 20:00 a liña C11 terá desvío, NON realizando as paradas de Xeneral Pardiñas nin pza. de Galicia. A parada de referencia no centro da cidade para a liña C11 será na rúa do Hórreo nº 23, no horario comprendido entre as 16:30 e as 20:00).
*Ao remate do concerto manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.