Restricións e desvíos no transporte urbano. Desfile de Entroido (martes 4/3/2025)

Novas de Tussa
Con motivo da celebración do desfile de Entroido, as liñas de transporte urbano terán restricións temporais na circulación:

*O desfile comezará ás 17:30 có seguinte itinerario: avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I.
*A avenida de Ferrol estará cortada ao tráfico desde as 15:00 ata as 17:30, ao realizarse alí a concentración das carrozas. Nese horario, as liñas 5, 12 e C4 non realizarán as paradas da avda. de Ferrol, desviándose desde a rotonda de Conxo ata a rotonda de Galuresa, Romero Donallo, e retomando o traxecto na primeira parada da rúa República Arxentina. A partir das 18:00, os buses voltarán a circular pola avda. de Ferrol, se ben poden ter que agardar o paso do desfile na zona do Ensanche.
*Os autobuses agardarán ao paso do desfile, seguindo en todo caso as indicacións da Policía Local. As liñas con circulación pola rúa da Senra e Ensanche desviaranse a través das vías avda. de Lugo – Hórreo (estación) – Romero Donallo, desde onde retomarán os seus itinerarios unha vez pase o desfile por esa zona.
*Para o servizo ao aeroporto coa liña 6A, a parada de referencia no centro será na rúa do Hórreo (carril bus estación Intermodal), tendo que desviarse pola avda. de Lugo mentres dure o paso do desfile, sen realizar as paradas polo centro da cidade.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220