ORDE do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 120-Bis, venres 25 de xuño).
*Poderase ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.
*Establécese como límite de ocupación máxima o dun terzo das prazas de pé, procurando que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible.
Lémbrase a obrigatoriedade do uso de máscara no transporte público. Non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.