O aforo máximo permitido nos autobuses queda limitado do seguinte xeito:
*Poderase ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita.
*Establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé, procurando que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible.
Lémbrase a obrigatoriedade do uso de máscara no transporte público. Non se poderá consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.