INFORMACIÓN SOBRE A SOLICITUDE DA TARXETA BONOBÚS PENSIONISTA SUBVENCIONADA:

Novas de Tussa
Pódese realizar unha nova solicitude ou ben, se xa conta cunha tarxeta, solicitar un duplicado por perda, roubo ou deterioro da orixinal.

Modalidades:
*Xubilado ou pensionista
*Persoa con diversidade funcional
*Persoa con carencia de recursos

O trámite realizarase de xeito presencial nas oficinas de TUSSA, situadas na rúa Clara Campoamor (estación intermodal) no seguinte horario:

-SOLICITUDE de tarxeta e duplicados:

*HORARIO DE VERÁN (ata o 1 de setembro): De luns a xoves laborables, de 9.00 a 14.00 horas.

*HORARIO DE INVERNO: De luns a xoves laborables, de 9.00 a 14.00 horas.

-RECOLLIDA de tarxetas:

*HORARIO DE VERÁN (ata o 1 de setembro): de luns a xoves laborables, de 12.00 a 14.00 horas.

*HORARIO DE INVERNO:

-De luns a mércores laborables, de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas.
     -Os xoves laborables, de 12.00 a 14.00 horas.

No enlace adxunto poden consultar a documentación necesaria para realizar o trámite e descargar o modelo de solicitude a cubrir (MODELO 038):

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220