Horarios de inverno 2015-2016 no transporte urbano

Novas de Tussa
O vindeiro luns 7 de setembro comezan a aplicarse os horarios de inverno no transporte urbano.

Desde TUSSA, empresa municipal de xestión do transporte urbano en Santiago, comunicamos que o vindeiro luns, día 7 de setembro, producirase o cambio aos horarios de inverno no transporte urbano.

Manteranse os mesmos horarios que na tempada anterior, introducindo unicamente pequenos cambios, encamiñados a asegurar as frecuencias aos usuarios e usuarias.

Os principais cambios son o mantemento dos novos horarios establecidos ao longo do verán na liña P1, o que supón unha maior claridade nas saídas desde Folgoso. Así mesmo, a liña C11, que contaba cunha frecuencia de 15 minutos, pasará a ter unha frecuencia de 12 minutos.

Simultaneamente traballarase nunha análise pormenorizada de todas as necesidades de mobilidade do concello, incluíndo a posibilidade de establecer novos horarios e levar novas liñas ao rural.

Informar ademais que o próximo luns día 7 abrirá de novo ao tráfico a rúa dos Basquiños, o que sen dúbida favorecerá o cumprimento das frecuencias, retomando as relacións de mobilidade perdidas durante o período de obras.

Os horarios pódense consultar no arquivo adxunto. Así mesmo lembramos a todos os usuarios e usuarias que poden consultar calquera dúbida no teléfono 901 12 00 54 ou ben a través dos nosos perfiles en Twitter e Facebook.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220