A partir do luns 27 de xullo, estas dúas liñas realizarán o seguinte desvío:
LIÑA 5: desvío nos traxectos con dirección Rocha e Rocha Vella.
-Itinerario habitual ata a parada da rúa Sánchez Freire. Na rotonda, a liña continuará polo periférico en dirección sur (estará prohibido o acceso atravesando a rotonda). Chegarán á terminal de liña (Poza Real de Arriba ou Rocha Vella segundo lles corresponda), para iniciar desde aquí o percorrido con normalidade cara o centro da cidade, Vite e estación de autobuses.
O treito Campo de Conxo (psiquiátrico), Benéfica, Torrente e Poza Real será realizado de xeito circular. Os usuarios baixarán e subirán nas paradas en dirección centro cidade. Abonarase un único billete ata a parada do psiquiátrico.
Paradas suprimidas e alternativas:
(155) Campo de Conxo (psiquiátrico) (alternativa en parada (575) Sánchez Freire)
(127) Benéfica de Conxo (Televés)
(626, 628, 246) Torrente (cruce Travesa Benéfica), Torrente nº 28, Torrente (cruce Volta do Castro)
(404, 403) Poza Real de Abaixo (Santa Apolonia) e Poza Real de Abaixo
Estas paradas realizaranse no sentido contrario, en dirección centro cidade.
Os servizos con prolongación ao hospital de Conxo, realizados agora no sentido Vite – Rocha, faranse en dirección Rocha - Vite, sendo as saídas de Vite que fagan esta prolongación as seguintes:
Luns a venres laborables: 7:00 7:20 21:40
Sábados laborables: 7:20 7:40 22:00
Domingos e festivos: 7:30 22:00
LIÑA C2:
-Itinerario habitual ata a parada da rúa Sánchez Freire. A partir de ahí, o desvío será o seguinte:
Avda. de Ferrol, rúa Xosé Pasín, rúa Emilia Pardo Bazán, avda. Liberdade (dirección baixada). Ao final da avda. da Liberdade, no punto máis próximo ao hospital Clínico, a liña realizará unha parada eventual para os usuarios que queiran baixarse e ir a este hospital. A liña fará a parada propia do hospital Clínico con posterioridade, despois de pasar polo hospital Provincial como na actualidade.
Despois da avda. da Liberdade, aparcadoiro de Santa Marta, rúa Ildefonso Sánchez Mera, rúa dos Roláns, Benéfica de Conxo dirección psquiátrico, rotonda de Conxo, Ramón Baltar e hospital Provincial.
Despois do hospital Provincial irá ao hospital Clínico por: rúa Manuel Beiras, Xosé Pasín (atravesando a avda. de Ferrol), Avda. da Liberdade (direcc. sur), e acceso ao hospital Clínico.
Desde a parada do hospital Clínico realizará a liña con normalidade en dirección á Alameda, Galeras e estación de autobuses.
Deste xeito, as paradas do treito entre Campo de Conxo (psiquiátrico) e o aparcadoiro de Santa Marta realizaranse no sentido contrario ao habitual (tal e como circula actualmente a liña C4).
Os usuarios que teñan como destino o hospital Clínico, poderán baixarse no acceso ao mesmo (final da avda. da Liberdade) antes de pasar polo hospital Provincial.
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.