Unha vez rematadas as obras da rúa de San Pedro, a rede de transporte urbano recuperará os percorridos habituais das liñas ao longo desta rúa a partir do próximo luns día 11 de agosto.
As relacións de mobilidade previas ao peche desta rúa recuperarán a súa normalidade, mantendo a mesma estrutura xeográfica e horaria.
Liña 6: San Marcos – Os Tilos.
Liña 9: Casas Novas – Viso – Cidade da Cultura.
Liña 13: Belvís – Xeneral Pardiñas.
Liña C6: Costa Vella – Amio – Paxonal – Costa Vella.
Liña C11: Circular Fontiñas.
Liña P4: praza de Galicia – Sionlla.