Transporte urbano para o concerto de Vestusta Morla (venres 19/10/2012)

Novas de Tussa
Con motivo do concerto de “Vetusta Morla”, que terá lugar o venres 19 de outubro no recinto feiral de Amio, desde a concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico planificáronse os servizos seguintes:

Tamén acceden ao recinto as liñas C5 e C6, con frecuencias de 60’ cada unha.

Os autobuses destas tres liñas irán perfectamente identificados con carteis correspondentes ao concerto.

PARADAS DE ACCESO NO CENTRO DA CIDADE ÁS DISTINTAS LIÑAS:

Paradas máis céntricas

Liña 1: Rúa Rosalía de Castro nº 87, Avda. Xoán Carlos I (fronte á igrexa do Pilar), rúa da Senra, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca (fronte á praza de abastos) e rúa de San Roque

Liña C5: Praza de Galicia (parada Banco de Santander) e rúa da Rosa

Liña C6: R/ Hórreo: carril bus ao carón de RENFE, Parlamento e Hórreo nº 23 (chegando á pza. de Galicia)

·         Para os servizos de volta haberá un servizo extraordinario de autobuses, de xeito continuado, que terá o seu punto de partida na saída do recinto de Amio e finalizará na rúa do Hórreo, nas inmediacións da praza de Galicia.

·         Para todos os servizos aplicaranse as tarifas vixentes no transporte urbano:

Tipo de billete / bono

Billete ordinario:  1 € / viaxe

Billete escolar (menores de 18 anos):  0,55 € / viaxe

Bono ordinario:  0,60 € / viaxe

Bono escolar (menores de 18 anos):  0,40 € / viaxe

Bono mensual:  26 €

Bono pensionista:  0 €

A empresa municipal TUSSA pon á disposición de todos os usuarios o teléfono de información do transporte urbano 901 12 00 54, a súa páxina web www.tussa.org, así como os perfiles “maisbus” en Facebook e Twitter.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220